viernes, 20 de abril de 2012

MARCADORES SOCIAIS: RECURSOS

Vou comentar un pouco o blog www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion da Xunta de Galicia.  O blog ten dous grandes apartados:
1. Orientación
No que considera a orientación como inherente a propia educación, pois trata de contribuir á:
a) Fomación integral do alumnado.
b) Implicación e asesoramento das familias e do resto dos axentes da comunidade educativa.
Este apartado ten outros subapartados:
- Últimas novas.
- Orientación educativa.
- Orientación profesional.
- Servizos de apoio á orientación.
2. Atención á diversidade
No que define o que pode considerarse coma atención á diversidade.
Este apartado ten outros subapartados:
- Últimas novas.
- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Outras diversidades.
- Servizos de apoio á atención á diversidade.

Na páxina principal do blog, ademais destes dous apartados ten.
3. Actualidade e anuncios de atención á diversidade.
4. Actualidade e anuncios de orientación.

Na barra lateral aparecen ademais outros enlaces interesantes.

É un blog interesante e moi útil. Aínda que, lendo o que manifesta con relación á atención á diversidade, totalmente incoherente coas medidas educativas que se nos anuncian.

MARCADORES SOCIAIS: TIC

Nesta actividade vou comentar o blog www.scoop.it/t/orientacion-tic Ofrece un blog de Victoria VB que á súa vez ofrece outra serie de blogs, todos moi interesantes. Un destes blogs é o que ofrece www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-inteligentes-multiples-educacion-personalizada/1270216/ , onde se pode ver uns programas e uns vídeos que merece a pena velos con detenemento. moi interesante tamén é o vídeo "¿ qué es la competencia digital?" e "la lista de las  100 mejores películas sobre la educación. Personalmente tamén me parece moi interesante o artigo de Judit Fraga: Inteligencia emocional y orientación vocacional.
Como resumen, considero que é un blog fenomenal e que ofrece multitude de posibilidades.

MARCADORES SOCIAIS: BLOGS

Vou comentar dous blogs, non porque os considere máis importantes; senón porque tratan algúns asuntos que nester momento estamos a traballar no noso Departamento de Orientación.
O blog xosevidal.blogia.com trata de recursos educativos para mestres. Ten un artigo moi interesante sobre as TIC con enlaces tamen interesantes. Propón tamén a seguinte clasificación:
1. Recursos para apoiar a exposición docente.
2. Recursos para traballos cooperativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información.
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecemento e reforzo para o alumnado.
5. Outros recursos xeralistas de apoio.
Tamén fai unha defensa do software libre e ofrece un mapa conceptual deste software. Este blog ten ademais na barra lateral unha serie de enlaces oi interesantes.
Unha observación sobre este blog é que a última entrada  é de xaneiro de 2011.

Outro blog que a mín me interesou foi orientacionyescuela.blogspot.com.es/. Ofrece unha dirección para descargar un programa para crear mapas mentales. ofrece tamén un enlace dos equipos de orientación psicopedagóxica da Rioja onde se pode descargar unhas guías interresantes para as familias. Da ademais a posibilidade de crear o noso propio material multimedia.
Ten publicado un artigo moi interesante titulado "¿Cómo influyen las emociones en el estudio y el aprendizaje?" do que recomendo a súa lectura. Gustoume moito un vídeo sobre o autismo. Por último ofrece un enlace dun blog onde se pode encontrar material, estratexias, recursos e enlaces para traballar as habilidades sociais.